Resolve as túas dúbidas

  •  Que acreditación teñen os monográficos?

Coa realización dos cursos monográficos  Xaruma emite un certificado polas horas correspondentes.

  •  ​Cales son os requisitos para realizar un curso de director/a de tempo Libre?

Ter 18 anos cumpridos, titulación de grado superior ou bacharelato, ser monitor/a de actividades de tempo libre e acreditar unha experiencia como monitor/a de 250 horas ou 24 días de campamento e/ou colonias.

  •  ​Cales son os requisitos para realizar un curso de monitor/a de tempo Libre?

Ter 18 anos cumpridos e o graduado escolar.

  •  Que teño que facer antes de INICIAR as prácticas de monitor/a ou director/a de tempo libre?

​Tendes que entregar o proxecto inicial das prácticas a realizar, xunto coa fotocopia do título de monitor/a-do titor/a de prácticas que os acompañará na entidade. Debe ser entregado ao inicialas (ou 7 días antes no caso de ser un campamento). Ver modelo no temario metodoloxía. Entregarase en formato dixital. (identificar o documento co nome seguido da palabra proxectoprácticas2015 EX: manolitoproxectoprácticas2015).

  •  Como pago as taxas do título de monitor/a ou director/a de actividades de tempo libre  á Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia?

Para obter as tres copias do pagamento das tasas do alumnado  tedes que seguir as indicacións para poder xerar o documento de pagamento de taxas. Deberedes remitir á escola a folla que pon “Para a Administración”

Máis información no apartado da escola desta páxina.

  •  Despois de facer as prácticas do curso de monitor/a de actividades de tempo libre, cando serei monitor/a ou director/a titulado?

Unha vez entregada toda documentación e pagadas as taxas da Xunta,  Xaruma remitirá o apto á Dirección  Xeral de Xuventude e Voluntariado da Xunta de Galicia quen nos enviará o título,  e nós avisarémosvos para recollelo. Mentres, se alguén o precisa, Xaruma poderá emitir un certificado provisional acreditando que xa sodes/as monitores/as ou directores/as de tempo libre.