Todas as nosas áreas (Integración, Educación, Participación, Emprego e Normalización Lingüística) foron dispostas para contribuír á consecución dos obxectivos establecidos sobre as que se vertebrou a nosa programación anual.

En resumo, levamos a cabo os seguintes proxectos…

Naturalmente: en prol da integración de persoas con discapacidade, aportando habilidades e capacidades prelaborais e para unha vida autónoma, incidindo tamén na esfera ambiental.

Mentalízate: en beneficio da participación, da sensibilización e do fomento do emprego a partires de actividades de integración e abertas á sociedade e actividades formativas.

Forma parte: na procura dunha conciencia crítica sobre a Saúde e o medioambiente, fomentando o voluntariado.

Proxecto Vida Autónoma, co que se pretendeu dar unha capacitación prelaboral e adquisición de habilidades para unha vida autónoma.

Actividades en prol da igualdade, onde destacamos, ademais das propias levadas a cabo pola entidade de forma transversal, a posta en marcha do obradoiro de teatro e xénero “Repensando as desigualdades dende o corpo”.


HISTÓRICO