Que facemos

ÁREAS DE ACTUACIÓN

Ao longo do pasado ano, Xaruma levou a cabo tres grandes proxectos seguindo as cinco áreas de actuación:

  

  

Cada unha destas cinco áreas artellouse de tal xeito que ningunha delas quedou illada ou desconectada das outras. Foron desenvolvidas para compartiren esforzos e tamén os resultados destes esforzos. Así, por exemplo, o traballo realizado na área de Formación incidiu directamente nos éxitos obtidos da área de Normalización lingüística ou, tamén, o traballo realizado para a Participación repercutiu na área de Integración Social.

CONSULTA A MEMORIA 2016

Todas elas foron dispostas para contribuír á consecución dos obxectivos establecidos para cada unha das grandes áreas sobre as que se vertebrou a nosa programación anual, da cal naceron os seguintes proxectos:

PROXECTOS


Proxecto de respiros familiares en prol da Saúde Mental, coa finalidade de fomentar hábitos da vida cotiá e a participación na vida comunitaria. Este proxecto tamén acolleu voluntariado, que coa súa labor, contribuíu a fomentar as habilidades e capacidades dos nosos chicos e das nosas chicas. 

Proxecto polo cal se creou un punto de asesoramento e orientación ao emprego, ademais de fomentar a inserción laboral. Tamén se levaron a cabo obradoiros prelaborais para persoas con discapacidade, promovendo as súas capacidades e habilidades. 

Tamén a través deste proxecto naceu a Xogoteca, servizo para cativos e cativas que oferta apoio escolar e dinamización a través do medioambiente, servizo que evolucionou á Dinamización da Biblioteca Escolar, aumentando a oferta de actividades destinadas a un público diverso. 

En prol da participación cidadá e o voluntariado, na procura dunha sociedade máis participativa, activa e solidaria. 

A nivel formativo, a entidade obtivo uns resultados máis que satisfactorios.. Esta oferta de formación abríuse ao público xeral e a persoas especialmente ligadas ao citado sector,  co fin de conformar un programa formativo máis completo, que beneficiase a un maior número de persoas e que favorecese un enriquecedor intercambio de experiencias e realidades.


Tamén o pasado ano naceu a nosa guía de recursos en Saúde Mental da área de Vigo, onde podemos atopar todos eses dispositivos e entidades da cidade que traballan en favor da Saúde Mental. 

2016
2015
2014
2013
2012
2011