Todas as nosas áreas (Integración Formación, Participación, Emprego e Normalización lingüística) foron dispostas para contribuír á consecución dos obxectivos establecidos para cada unha das grandes áreas sobre as que se vertebrou a nosa programación anual, da cal naceron os seguintes proxectos:

PROXECTOS


Proxecto de respiros familiares en prol da Saúde Mental, coa finalidade de fomentar hábitos da vida cotiá e a participación na vida comunitaria. Este proxecto tamén acolleu voluntariado, que coa súa labor, contribuíu a fomentar as habilidades e capacidades dos nosos chicos e das nosas chicas.

Proxecto polo cal se creou un punto de asesoramento e orientación ao emprego, ademais de fomentar a inserción laboral. Tamén se levaron a cabo obradoiros prelaborais para persoas con discapacidade, promovendo as súas capacidades e habilidades.

Tamén a través deste proxecto naceu a dinamización da biblioteca, servizo para cativos e cativas que oferta apoio escolar e dinamización a través do medioambiente, servizo que evolucionou á dinamización da biblioteca escolar, aumentando a oferta de actividades destinadas a un público diverso.

En prol da participación cidadá e o voluntariado, na procura dunha sociedade máis participativa, activa e solidaria.

A nivel formativo, a entidade obtivo uns resultados máis que satisfactorios.. Esta oferta de formación abríuse ao público xeral e a persoas especialmente ligadas ao citado sector,  co fin de conformar un programa formativo máis completo, que beneficiase a un maior número de persoas e que favorecese un enriquecedor intercambio de experiencias e realidades.

 

DESCARGA A MEMORIA 2017