Integraci贸n

Benvidos/as 

Se queres facer amigos/as, se te aburres polas tardes  ou nas fins de semana na casa, se tes unha fase  baixa de ánimos, se estás algo deprimido/a ou sen compaña, se precisas coidar a túa saúde mental.... se queres facer excursións, saídas culturais, festas, deporte...non o dubides...chámanos.

Veña, apúntate!

Lugar:  a diario Vigo e comarca. Actividades medioambientais, saídas culturais, respiros familiares  pola provincia Pontevedra, A Coruña, Ourense.

Atoparás:

Consulta máis abaixo na  axendaocio  a nosa programación quincenal :

Clube social. Clube  lectura. Cursiños e Obradoiros. Informática e novas tecnoloxía. Idiomas. Sendeirismo, percorridos urbanos. Visitas culturais. Actividades de verán.Campionatos.

Actividades de animación sociocultural. Respiros familiares. Actividades para unha vida autónoma.

 

Proxecto de integración, rehabilitación e reforzo terapéutico para persoas con enfermidade mental e respiro para as súas FAMILIAS.

Proxecto Naturalmente, cofinanciado polo Fondo Social Europeo. Proxecto e educación medioambiental, que pretende a incorporación de rutinas de traballo nas persoa con enfermidade mental, mediante a creación e mantemento dunha horta comunitaria e un viveiro, e a rehabilitación dun bosque singular, ademais de impartir diferentes formacións en canto a temática: horta ecolóxica, reciclaxe, poda, compostaxe, secado e uso de plantas secas, obradoiro de creación de adornos con flor seca, respiros familiares, actividades de integración, etc.

Podes consultar na nosa guía os recursos de Saúde Mental na área de Vigopara dar unha mellor atención ás persoas afectadas e ás súas familias, a fins de mellorar a súa situación psicosocial, ademáis de poder obter máis información acerca do tema na nosa PRESENTACIÓN ENTENDENDO A ESQUIZOFRENIA

Ademáis da Iniciativa Helios, con diversa información sobre a Saúde Mental. Integr-arte tamén pretende ser unha ferramenta de utilidade aos/ás profesionais que traballan neste sector para lograr unha mellor coordinación entre todas as partes implicadas na atención ás persoas beneficiarias destes servizos.

Únete ao Movemento Galego da Saúde Mental, movemento cívico que pretende a protección da saúde mental da comunidade e a defensa da súa atención pública, ante o grave deterioro que está a sufrir e o dano que se está a causar nos dereitos das persoas.

 

documentosintegrarte
2016
2014
axendaocio
antigoseventos