A conciencia climática é un dos grandes valores da entidade e é por iso que este é un espazo moi especial para nós. É un dos maiores recursos da educación ambiental.

Todo comezou en 2013. Moi preto de nós había dous espazos verdes sen uso que se converteron nas primeiras hortas, entonces sen nome. A horta de Cíes era un xardín de roseiras e herbas que había que rozar cada pouco tempo. A horta de Ons era un conxunto de herba, paos, restos de araucaria e tubaxes dun antigo sistema de rego. Primeiro tocou limpeza, fresado, abono, definición de bancais, plantado e esperar.

Terreo en 2012

Foron meses de moita aprendizaxe. Primeiro, adestramos a paciencia, pois nada nace cando nós queremos, senón cando a natureza manda. Logo aprendimos a importancia do sistema de rotación, do rego, da distribución e do tamaño dos bancais. E o máis importante, aprendimos a traballar en equipo e a ser máis conscientes da nosa pegada ambiental.

A día de hoxe, hai notables cambios dos espazos que eran entonces, pero nós seguimos coa mesma ilusión que nese momento. Máis, se cabe.

ANTES: 2012 – DESPOIS: 2013

E, para que serven as hortas? Pois para educación ambiental.

  • Actividade de rehabilitación con persoas do ámbito da saúde mental.
  • Formación en xardinería e horticultura.
  • Concienciación ambiental.
  • Actividades con nenos/as de horta escolar.
  • Formación a profesorado para traballar a horta como recurso pedagóxico.
  • Autoconsumo de productos nas actividades de vida autónoma.
  • Mellora de hábitos alimentarios.
  • Acollida de voluntariado.

As hortas son un recurso aberto para utilizar todas e todos. Queres colaborar? Tes unha proposta que non esteamos levando a cabo? Queres doar ou intercambiar material? Queres formarte en educación ambiental? Queres que deseñemos a túa horta? Queres visitarnos?

Benvido/a ás hortas de Xaruma

  • Superficie: 100 m2.
  • 17 bancais horizontais en solo.
  • Sistema de rotación en 4 tempos.
  • 3 mesas de cultivo.
  • Xardín de aromáticas.
  • Fermosas vistas á ría.
  • Cultivos sostibles, sen utilizar herbicidas nin aboados químicos.
  • Superficie: 100 m2.
  • 16 bancais horizontais en solo.
  • Sistema de rotación en 4 tempos.
  • Zona máis sombría.
  • Cultivos sostibles, sen utilizar herbicidas nin aboados químicos.
  • Superficie: 150 m2.
  • Invernadoiro con 4 bancais en altura e 7 mesas de cultivo.
  • 1 bancal de cucurbitáceas.
  • Zona de compostaxe.
  • Zona de vermicompostaxe.
  • Viveiro de plantas.
  • Sistema de rotación en 4 tempos.
  • Cultivos sostibles, sen utilizar herbicidas nin aboados químicos.

«Que a terra está viva debería formar parte da linguaxe de todas/os. Somos solo, somos terra. O que lle facemos ao solo, facémonolo a nós mesmas/os.

Vandana shiva.
recoñecida física, pensadora e activista ecofeminista