ocioEncontro e intercambio de experiencias "O Baúl de Teis"
Sábado, 02 de Decembro de 2017

Os últimos meses o noso grupo de chicos e chicas estiveron realizando un pequeno documental, xunto coa colaboración do voluntariado, que recolle diversas experiencias que se dan no barrio de Teis. Por fin, a primeira etapa deste proxecto culmina coa proxección do documental "O baúl de Teis". 

Foinos imposible recoller todas as experiencias dun barrio tan dinámico como Teis, mais estas son as primeiras miguiñas dalgo que pode ter continuidade. 

O produto final non só recolle as diferentes experiencias que se dan en Teis, senón que tamén reflexa o traballo en equipo, a constancia, a superación dos medos, a iniciativa, a ledicia e a dedicación dos chicos e chicas de Xaruma que, dun xeito ou doutro, participaron no proxecto. 

Convidámoste a compartir este momento connosco no lanzamento do documental, que terá lugar o 2 de decembro en Sanjurjo Badía 79 (Centro Gárate), ás 16.00 da tarde. 

Despois do coloquio posterior ao documental, poderemos disfrutar coa música de Vacaluras, Cinta Adhesiva, o gaiteiro de Xaruma e Jandro Olkoz. Tamén haberá maxia para todas as idades da man do mago Cali. E como non podía faltar... Tamén contaremos coa presenza do noso querido Paco, o mellor castañeiro de Teis (e do mundo...). 

Esperamos contar coa túa presenza! 

Non te esquezas de correr a voz!

documentosasociados