formaciónCurso de Director/a de Actividades de Tempo Libre
Venres, 13 de Outubro de 2017

CANCELADO POR NON CHEGAR AO GRUPO MÍNIMO

SE ESTÁS INTERESADO/A, ESCÍBENOS A xarumaorg@gmail.com PARA AVISARTE CANDO O VOLVAMOS CONVOCAR

Este ano queremos rematar o 2017 cunha formación que ascende un nivel dentro do mundo do tempo libre, ademais de seres unha titulación cada vez máis demandada tanto por empresas e asociacións como por particulares. Non remates o ano sen facerte director/a!

O curso terá lugar as fins de semana e venres comprendidos entre o 13 de outubro e o 3 de decembro, atendendo ao seguinte horario. 

 

A fin de semana do 4 e 5 de novembro non haberá curso. 

Tanto as datas como o horario do curso está aberto a cambio se así o manifesta o alumnado (sempre que sexa factible por parte da entidade). 

Haberá tres xornadas abertas á sociedade de actividades de dinamización social directamente relacionadas coa titulación, organizadas polo propio alumnado, coa finalidade de pór en práctica os coñecementos adquiridos na xestión e coordinación de actividades de lecer. 

APORTACIÓN: 150 € para voluntariado, socios/as e persoas en desemprego con tarxeta de demandante de emprego, e 175 € para o resto das persoas. 

Haberá posibilidade de facer o pago fraccionado en tres partes:

Matrícula e reserva de praza (antes do 11 de outubro): 60€ / 75€

Segundo pago (antes do 30 de outubro): 60€ / 60€

Terceiro pago (antes do 20 de novembro): 30€ / 40€

Requisitos (Decreto 50/2000):

* Título de monitor/a de actividades de tempo libre

* Titulación mínima de bacharelato ou formación profesional.

* Experiencia de traballo como monitor/a de 250 horas ou 30 días de campamento. Acreditarase mediante certificados de empresa, vida laboral ou contratos. As horas deberán ter sido traballadas despois da obtención do título de monitor/a. 

Contidos

1ª parte (40 horas). Área de psicosocioloxía:

Dirección de equipos e liderato

Análise das realidades sociais

2ª parte (25 horas). Área de intervención educativa:

As correntes pedagóxicas e a súa influencia na pedagoxía do tempo libre.

A pedagoxía do ocio. O concepto de tempo libre.

Educación en valores: o ideario educativo.

Metodoloxía e modelos de intervención en actividades de tempo libre: actividade, participación, convivencia.

Asociacións como espacio educativo.

3ª parte (85 horas). Área de xestión:

Planificación e deseño de proxectos de intervención

Estratexias de xestión

Organización e modelos organizativos

Administración, xerencia e xestión económica

Lexislación

Políticas e recursos institucionais

 Para inscribirte, simplemente deberás encher o formulario de máis abaixo e esperar a nosa confirmación. 

O curso non se realizará se non hai un mínimo de 12 persoas apuntadas. 

Os cartos non se devolverán salvo que a praza sexa cuberta ou o curso finalmente non se realice. 

documentosasociados
formulariopre-inscripción
*Campos obligatorios