formaciónNovo Curso de Orientación e Formación Laboral
Xoves, 02 de Marzo de 2017

Comezamos o mes de Marzo cun novo curso de Orientación e Formación Laboral. Dende Xaruma vós animamos a participar e adquirir certas capacidades indispensables para a procura de emprego.

O curso terá unha duración de 30 horas, tendo lugar os martes e xoves de Marzo e Abril.

Datas: Do xoves 2 de Marzo ao xoves 27 de Abril.

Horario: De 11:30 a 13:30

Lugar: Asociación Xaruma. Sanjurjo Badía 79, Teis, Vigo.

Contidos: Elaboración de currículo, procura de emprego de forma telemática, outros medios para a procura de emprego, entrevistas persoais, visita a oficina de emprego, habilidades sociais, distintas enquisas de autocoñecemento e conformidade e prevención riscos laborais.

  • Elaboración do currículo: Ensinaranse as pautas básicas para sacar o mellor partido da formación e da experiencia de cada un dos participantes.

  • Medios para a procura de emprego: Presentando aos participantes os diferentes medios para a procura de emprego, tanto os de soporte físico como os telemáticos. Do mesmo modo farase algunha saída a centros específicos de procura de emprego.

  • Entrevistas persoais: Preparando os participantes na metodoloxía das entrevistas laborais, ademais se traballará a modo transversal as habilidades sociais.

  • Prevención de Riscos Laborais: Facilitaráselles uns coñecementos básicos sobre a prevención de Riscos Laborais.

  Formación específica para persoas con discapacidade. 

Se estades interesados nesta formación poñédevos en contacto con nós no 986 127 949 ou 698 142 148, tamén podedes facelo a través do correo electrónico laboralxaruma@gmail.com

Se o preferides podedes encher o formulario que vós aparece un pouco máis abaixo.

documentosasociados
formulariopre-inscripción
*Campos obligatorios