formaciónCurso de Monitor/a de Actividades de Tempo Libre
Sábado, 04 de Marzo de 2017

Comezamos o primeiro trimestre do ano cunha nova formación no eido do tempo libre. Un título moi importante se te dedicas á área da educación ou do social, e moi útil para complementar a túa profesión, sexa cal sexa o teu ámbito. 

 MTL

O curso consta de 350 horas divididas en 200 teórico prácticas presenciais, e 150 de prácticas en institucións ou campamentos de verán. Ademais, este curso leva consigo o título de manipulador de alimentos, de 6 horas de duración (formación en liña). 

Datas: 4 de marzo - 28 de maio. 

Horario: sábados e domingos de 10 a 14 e de 16 a 20.30. A fin de semana correspondente ás vacacións de Semana Santa non haberá formación. O primeiro domingo, 5 de marzo, tampouco haberá formación. 

Lugar: Vigo (barrio de Teis)

Requisitos: maior de idade e con graduado escolar ou equivalente.

Contidos:

  1. Psicoloxía e Educación no Tempo Libre
  2. Animación
  3. Educación para a Saúde
  4. Educación Medioambiental
  5. Organización e Recursos

Aportación: 190 € socios/as e desempregados; 200 € tarifa ordinaria*

Posibilidade de pagos fraccionados (con desconto/ ordinario)

Reserva de praza, antes do 2 de marzo: 70/80

Segundo pago, antes do 5 de abril: 60/60

Terceiro pago, antes do 5 de maio: 60/60

Documentación a entregar: 

- Fotocopia do DNI

- Fotocopia título graduado escolar ou equivalente

- Foto de carné

- Resgardo bancario do pago da matrícula

- Tarxeta de desempregado (de ser o caso)

Toda esta documentación entregarase dixitalmente unha vez confirmada a praza a través de copia escaneada ou fotografía na que se poida ler todo o que o documento contén.

Para preinscribirte, simplemente enche o formulario final cos datos correctos, e no prazo máximo de 3 días laborables enviarémosche un correo confirmando a praza e indicando os pasos a seguir. 

Título oficial homologado pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia.

* Non se devolverán os cartos salvo que o curso finalmente non se realice ou a praza sexa cuberta. 

Esperámoste!

documentosasociados
formulariopre-inscripción
*Campos obligatorios