voluntariadoXaruma abre as portas o vindeiro luns 10 de outubro
Luns, 10 de Outubro de 2016

Co gallo do día mundial da saúde mental, queremos convidarvos á xornada de portas abertas que organiza Xaruma o vindeiro luns 10 de outubro e que consistirá no visionado e debate de “Elling”. Unha película de Peter Naess que amosa a realidade de dous amigos que son propostos para ser reintegrados na comunidade. A traballadora social acaba de concederlles un apartamento onde deberán ser capaces de coidarse a si mesmos.  Así, Elling e Kjell deben afrontar a súa volta ao mundo real tras dous anos de ingreso nunha clínica psiquiátrica. Unha nova vida agarda por eles.

O visionado terá lugar nas instalacións de Xaruma, sitas na rúa Sanjurjo Badía 79 no interior do centro Gárate. O día e a hora: o luns 10 de outubro ás 18:00. A actividade é gratuíta e a entrada é limitada ata completar aforo.
Esta película trasládanos os retos e desafíos que nos corresponden afrontar como sociedade en materia de inclusión das persoas en risco de exclusión social. Consideramos este visionado de interese para familias, colectivos e xente con interese e/ou vencellados co ámbito social, sanitario e educativo que queira ter unha aproximación á realidade social das persoas que precisan coidados especiais no eido da saúde mental. Tamén é unha oportunidade para disfrutar do bo cine sen máis pretensións!
documentosasociados