voluntariadoResolución III Concurso MentalizARTE
Mércores, 25 de Novembro de 2015

Encántanos este tan esperado momento no que publicamos as persoas gañadoras do III edición do Concurso MentalizARTE, queres saber cales foron as obras gañadoras?

Tras a reunión de 5 membros de Xaruma, que obxectivamente valoraron as obras, aquí vos deixamos coa resolución final: 

En segundo lugar, a obra gañadora pertence a Nit, cunha obra chamada "Palabras, de árbol a árbol", unha obra que amosa o poder e a importancia das verbas. Noraboa Nit!

En primeiro lugar, Mariola con "Libre coma o vento", unha obra que define facendo mención a Medina Azahara, dicinco dela "Necesito respirar, descubrir o aire fresco e dicir cada mañá que son libre como o vento. Era unha tarde de abril, xuntos fomos ata alí, cantamos unha canción e puidemos sentir que despois da nosa voz, só quedaba o silencio da paraxe  que nos rodeaba. A emocion,  a paixón, a gratificación  e a ledicia percoreron todo o noso ser; e sabedes qué? o noso sorriso apareceu".

E como premio ACCESIT, Dorian Grey gañou unha praza nun dos nosos cursos. Noraboa!

 

Noraboa as persoas gañadoras, e grazas a todas as que participastes para seguir colaborando neste tipo de concursos. Vémonos o vindeiro ano coa IV edición!

documentosasociados