voluntariadoDía do Barrio de Teis
Sábado, 20 de Xuño de 2015

Gústanos Teis, por iso cremos que Teis merece unha celebración coma esta! Únete a participar e colaborar, calquera minuto do teu tempo pode ser multiplicado se te implicas. 

¿Sabías que Teis é un barrio entre mar e montaña? Coñéceo máis aquí

O 20 de xuño será un día no que todas e todos nos uniremos para colaborar no barrio. Pretendemos unha festa de xuntanza, unha xornada de convivencia, colaboración e solidariedade onde tecer vínculos e redes, para conseguir unha comunidade máis participativa e implicada. 

Para elo, organizaremos varios grupos de traballo e convivencia

- Recollida de alimentos nos supermercados do barrio

- Patrullas medioambientais (recollida de lixo e  concienciación sobre reciclaxe)

- Patrullas de mellora das beirarrúas, detectando necesidades e barreiras, para facer deste un barrio máis accesible.

- Posta en marcha da iniciativa cafés pendentes

Ademais, tamén contaremos cun Feirón de productos artesanos de diferentes entidads sociais, grupos de música e folclore amenizando, xogos populares nos parques do barrio... E moitas máis sorpresas e actividades en favor do barrio e da sociedade.

Por todo elo, precisamos da túa colaboración! Únete a participar, sen ti non poderá ser posible. Ponte en contacto connosco a través do correo electrónico xarumaorg@gmail.com ou por teléfono no 986 127 949 ou no 698 142 158. Non se precisan coñecementos, simplemente gañas de participar e aportar algo, pois todos temos algo que aportar.

O día elixido será o sábado 20 de xuño, de 10 a 14. O punto de quedada será ás 10 no aparcadoiro do Colexio sito en Sanjurjo Badía 79, mais precisamos saber se contamos contigo antes, polo que fáinolo saber! Xa que vamos a colaborar, se tes problemas co horario, non te preocupes, cóntanol, seguro que buscamos un xeito de contar coa túa participación, pois a actividade durará toda a mañá. 

Reserva tamén o día 12 de xuño, haberá unha pequena reunión para ter claro todo o que vamos facer. 

RECORDA!

"Moita xente pequena, nun lugar pequeno, facendo cousas pequenas, pode cambiar o mundo".

 

PRECISÁMOSTE! COLABORA NO DÍA DO BARRIO!

documentosasociados