PROCESO DE SELECCIÓN 2019

A través da subvención de fomento do emprego do Concello de Vigo, promovemos a contratación dun/ha educador/a ambiental para o período comprendido entre o 15 de xullo e o 18 de setembro.

EDUCADOR/A AMBIENTAL. Funcións:
– Desenvolvemento de actividades de horta escolar.
– Execución de actividades ambientais e formativas.
– Fomento e apoio das actividades de inclusión.

Requisitos:

  • Titulación na rama medioambiental (bioloxía, CC. ambientais, …)
  • Monitor/a de actividades de tempo libre
  • CELGA 4
  • Empadroado en Vigo antes do 01/01/2018.
  • Inscrita como demandantes de emprego no SPEG.

Prazo de entrega: 24 de xuño de 2019. Entrega o teu currículo SEN FOTO xunto coa tarxeta de demandante de emprego e o volante de empadroamento mediante correo electrónico a escola@xaruma.org.

Resultado de imagen de fomento do emprego concello de Vigo 2019

A través da subvención de fomento do emprego do Concello de Vigo, promovemos a contratación dun peón xardiñeiro para o período comprendido entre o 1 de abril e o 30 de setembro.

PEÓN XARDIÑEIRO, que realizará as seguintes funcións:
– Mantemento das hortas nas que colaborará a entidade.
– Limpeza de zonas axardinadas e hortas.

Requisitos:

  • Graduado escolar.
  • Discapacidade igual ou maior do 33%.
  • Coñecementos e/ou experiencia como peón.
  • Empadroado en Vigo antes do 01/01/2018.
  • Inscrita como demandantes de emprego no SPEG.
  • Posuir o perfil para o posto solicitado

Prazo de entrega: 26 de marzo de 2019. Entrega o teu currículo SEN FOTO mediante correo electrónico a escola@xaruma.org.

Resultado de imagen de fomento do emprego concello de Vigo 2019


Gústache a docencia, cres no cambio social e o tempo libre o tomas como un modo de vida? Apostas por unha educación consciente e coherente co medioambiente? Gústache traballar con grupos? Tes algunha iniciativa ou proxecto innovador afín aos nosos obxectivos?

Fainos chegar o teu currículo a través deste formulario e teremos en conta a túa candidatura para futuros procesos selectivos.

PROCESOS SELECTIVOS ANTERIORES

Posto de traballo: Técnico especialista en educación ambiental

Duración: contrato de 9 meses con posibilidade de prórroga.

Xornada: media xornada de luns a venres. Xornada compatible para a conciliación da vida laboral e familiar.

Funcións: xestión e dinamización de hortas escolares. Docencia en obradoiros e cursos formativos.

Inicio de contrato: segunda semana de setembro de 2018.

Límite para a entrega de currículos: 5 de setembro de 2018

Enviar a escola@xaruma.org ou de forma presencial no local da entidade.