Xaruma é unha escola de tempo libre sen ánimo de lucro homologada pola Xunta de Galicia, con número de rexistro G-21, que pretende dar formación, perfeccionamento e especialización á mocidade e aos educadores/as nas actividades e técnicas orientadas á animación sociocultural e a promoción e emprego axeitado do lecer.

Somos un centro de formación específico de educación non formal no eido do tempo libre no que podes obter entre outros o título oficial de Monitor/a de T.L.. Consulta   toda a nosa oferta formativa.

OFERTA EDUCATIVA da Escola de Tempo Libre Xaruma acompáñase cunha serie de actividades complementarias que se desenvolven conxuntamente e que teñen por finalidade a intervención social e completar a formación integral das persoas.

O  obxectivo  xeral  é o de favorecer  a integración na comunidade de persoas promovendo ao mesmo tempo a participación cidadá  e unha formación  que sensibilice para o encontro social. Consulta a nosa oferta de actividades.

Documentación prácticas:

DATOS DE REXISTRO:
Rexistro de Escolas de Tempo Libre: G-21
Rexistro de Entidades de Acción Voluntaria: ASC-O474