Apetéceche pasar un día diferente?

Temos outra excursión máis que ofrecerTe este ano dentro do programa da Deputación “En ruta coa Depo”.

Esta excursión será polas zonas de:

  • Catoira e a súa contorna natural
  • Vilagarcía de Arousa, onde visitaremos o Pazo         O Rial e o convento das beneditinas.
  • Cuntis, visitando o parque Maráns, a praza das       árbores e o hospitalillo e a casa grande dos             Castro.

Para apuntarte, simplemente enche o formulario que hai máis abaixo. É moi importante enchelo cos datos completos de NOME, DNI e TELÉFONO.  No caso de haber algunha persoa con mobilidade reducida con necesidade de transporte adaptado, así como alerxias ou intolerancias alimentarias, rogámosche que nolo comuniquedes no apartado de observacións.

Só se pode facer unha inscrición por formulario e a data límite para realizala finaliza o día 20 de novembro.

O pago realizarase unicamente a través de transferencia bancaria no prazo de 4 días hábiles unha vez confirmada a praza. O número de conta enviarase unha vez confirmada a praza.

O bus saíra ás 9:30 h dende o Centro Comercial A Laxe e  voltará arredor das 19:00h ó mesmo lugar.

Se queres pasar un día diferente, coñecer o noso entorno e xente nova, non o dubides, vente connosco!

Apresúrate! Hai prazas limitadas!

Non podes faltar!

IMPORTANTE: Non se devolverán os cartos salvo que a excursión finalmente non se realice ou a praza poida ser cuberta.