Apetécevos pasar un fin de semana diferente?

Como cada ano, temos unha excursión que ofrecervos dentro do programa da Deputación “En ruta coa Depo”.

Nesta excursión, do día 19 de octubro visitaremos:

  • Covelo: ten un patrimonio histórico e artística moi rico e variado. De forma dispersa por todo o municipio, atópanse numerosos e interesantes monumentos, construcións civís e relixiosas, restos arqueolóxicos… que fan de testemuña da memoria histórica e da tradición deste lugar.
  • Santuario Santa María da Franqueira: situado no cumio da montaña que domina os valles de Covelo e Mondariz, foi levantado polos señores de Sobroso no século XIII para a orde dos Bernardos. O máis destacable é a portada gótica con reminiscencias románicas, de arquivoltas semicirculares, nas que destacan as esculturas.
  • Centro de Interpretación da Cera (FAVUM): aquí é posible coñecer o proceso dende a orixe en pequenas fábricas de cera, que son as abellas melíferas, ata as distintas técnicas para a obtención da materia prima, a elaboración de cera amarela no lagar, o branqueo de cera, fabricación de velas e exvotos e a súa propia comercialización.
  • Casa Museo Pazo da Cruz : dispón dun bo número de inscricións en pedras centenarias que permiten coñecer a súa historia. Destácanse os signos masónicos, cruces nas tapas dos fornos, hórreo, portas e cuadras, dintel da porta da entrada, pináculos…

Para apuntarvos, simplemente cubride o formulario que aparece a continuación. É moi importante enchelo cos datos correctos de NOME COMPLETO, D.N.I. e TELÉFONO. No caso de haber algunha persoa con mobilidade reducida con necesidade de transporte adaptado, así como alerxias ou intolerancias alimentarias, rogámosvos nolo comuniquedes no apartado de observacións. Tamén é importante que nos comuniquedes as inscricións dos menores de 18 anos.

Só se pode facer unha inscrición por formulario e a data límite para realizala finaliza o día 6 de outubro. Se vos queredes anotar máis persoas xuntas, no apartado de observacións indicar os datos persoais do resto (Nome, D.N.I., teléfono e intolerancias ou alerxias de ser o caso).

O prezo é de 12€. En caso de haber menores, deberedes comunicalo. O prezo para menores de 12 anos será de 7,50 €.

O pago realizarase únicamente por transferencia bancaria no prazo de 3 días hábiles unha vez confirmada a praza. O número de conta enviarase o confirmar a praza. De non recibir o importe nos días marcados, poñeremos a praza a disposición doutras persoas.

O bus sairá ás 09.00 do Centro Comercial A Laxe e voltará arredor das 18.30h ó mesmo lugar.

Se queredes pasar un día diferente, coñecer o noso entorno e xente nova, non o dubides, vente connosco! Pasarémolo xenial!

Apresúrate! Hai prazas limitadas!

Non podes faltar!

IMPORTANTE: Non se devolverán os cartos salvo que a excursión finalmente non se realice ou a praza poida ser cuberta.