Punto Empregarte

O Punto EmpregARTE nace como un servizo de orientación ao emprego e á formación. Este servizo está aberto a toda a sociedade, e entre os nosos principais canles de traballo, destacamos:

- Formación, orientación e asesoramento para traballar como monitor/a e director/a de tempo libre.

- Información, orientación e asesoramento no acceso ao mundo laboral.

- Información, orientación e asesoramento educativo e formativo: dando a coñecer o actual sistema de cualificación español e europeo.

- Información sobre emprendemento e asociacionismo: prestando especial apoio ás asociacións do terceiro sector e facilitando a posibilidade real e aberta de mellorar es coñecementos para a promoción e creación de organismos, asociacións e empresas activas no eido dos Servizao á Comunidade.Creación e asesoramento de currículo e carta de presentación, asesoramento na búsqueda de emprego, orientación formativa e no acceso á educación superior, guía e seguimento no emprendemento e no asociacionismo, … e moito máis!

 

Para solicitar o servizo, simplemente enche o cadro final, e porémonos en contacto contigo para concertar unha cita. 

Tamén podes utilizar a nosa rede de ordenadores con acceso a internet para a procura de emprego, no horario da entidade.

Ollada moi recomendada a "12+1 webs para crear un currículo que chame a atención" e tamén a "como se desenvolve unha dinámica de grupo."

ACCEDE Á NOSA SELECCIÓN DE PERSOAL

O Concello de Vigo colaborou na financiación dos gastos de contratación e fomento del emprego da asociación e, en xeral, da inserción laboral, o fomento do emprego, do asociacionismo e da participación cidadá.

formulariocontacto
*Campos obligatorios