Ante o próximo cambio de normativa, o curso de director/a de actividades de tempo libre adquirirá un valor maior, pois esixirase para traballar en máis ámbitos de tempo libre, como por exemplo, ser docente nunha escola.

O título oficial de director/a de actividades de tempo libre ascende un nivel dentro do mundo da educación formal, ademais de darche acceso a outro tipo de formación oficial, como o título de director/a de campos de traballo, formación exclusiva das escolas de tempo libre.

O curso consta de 150 horas teórico/prácticas e 150 horas prácticas. Terá lugar en fins de semana entre o 8 de febreiro e o 3 de maio, atendendo á seguinte temporalización.

Tanto as datas como o horario do curso pode estar suxeito a cambios, se estos facilitan a asistencia do alumnado.

Haberá dous ou tres xornadas abertas á sociedade (segundo o número de alumnado) de actividades de dinamización social directamente relacionadas coa titulación, organizadas polo propio alumnado, coa finalidade de pór en práctica os coñecementos adquiridos na xestión e coordinación de actividades de lecer.

Será en Vigo, no barrio de Teis. Pasan as liñas L17, L5A, L5B, C3, 31 e H3 de Vitrasa, así como o autobús de Redondela. Ademais, é posible aparcar no recinto.

APORTACIÓN ECONÓMICA: 235 € para voluntariado activo, socios/as e persoas en desemprego con tarxeta de demandante de emprego, e 250 € para o resto das persoas.

Haberá posibilidade de facer o pago fraccionado en tres partes:

Matrícula e reserva de praza (antes do 5 de febreiro): 105€ / 120€

Segundo pago (antes do 10 de abril): 80€ / 80€

Terceiro pago (antes do 10 de maio): 50€ / 50€

Requisitos (Decreto 50/2000):

* Título de monitor/a de actividades de tempo libre. (Achegarase copia do título oficial)

* Titulación mínima de bacharelato ou formación profesional. (Achegarase copia do título ou documento que acredite a titulación mínima)

* Experiencia de traballo como monitor/a de 250 horas ou 30 días de campamento. As horas deberán ter sido traballadas despois da obtención do título de monitor/a. (Acreditarase mediante certificados de empresa, vida laboral, contratos ou calquera outro documento que acredite esa experiencia).

Contidos

1ª parte (40 horas). Área de psicosocioloxía:

  • Dirección de equipos e liderato
  • Análise das realidades sociais

2ª parte (25 horas). Área de intervención educativa:

  • As correntes pedagóxicas e a súa influencia na pedagoxía do tempo libre.
  • A pedagoxía do ocio. O concepto de tempo libre.
  • Educación en valores: o ideario educativo.
  • Metodoloxía e modelos de intervención en actividades de tempo libre: actividade, participación, convivencia.
  • Asociacións como espacio educativo.

3ª parte (85 horas). Área de xestión:

  • Planificación e deseño de proxectos de intervención
  • Estratexias de xestión
  • Organización e modelos organizativos
  • Administración, xerencia e xestión económica
  • Lexislación
  • Políticas e recursos institucionais

 Para inscribirte, simplemente deberás encher o seguinte formulario de e esperar a nosa confirmación.

O curso non se realizará se non hai un mínimo de 12 persoas apuntadas. 

Os cartos non se devolverán salvo que a praza sexa cuberta ou o curso finalmente non se realice.