CURSO DE AGRICULTURA ECOLÓXICA

(Formación teórica e práctica)

PROGRAMA DO CURSO:

  1. A agricultura ecolóxica: O medio ambiente e a saúde.
  2. O solo e a materia orgánica. Abonos e fertilización verde.
  3. Compostaxe e vermicompostaxe.
  4. Técnicas de cultivo e elaboración de bancais.
  5. Regar sen derrochar.
  6. Protección das plantas.
  7. Os beneficios dunha correcta alimentación.
  8. Seguridade e hixiene nas actividades agrícolas.
  9. Módulo transversal. Habilidades sociais. Autoestima.Coeducación.

PRÁCTICAS DO CURSO:

  • Preparación do terreo e manexo do solo.
  • Selección de sementes e plantas.
  • Preparación de semilleiros en viveiro.
  • Elaboración dun composteiro.
  • Elaboración e aplicación de fertilizantes.
  • Cultivo, labouras de rutina.
  • Rega baixo criterios de aforro.
  • Control de patóxenos por medios de loita biolóxica.

DURACIÓN DO CURSO: Do 21 de Decembro de 2016 o 17 de Marzo de 2017.

HORARIO: Mércores e venres de 17:00 a 19:30 horas.

LUGAR: Centro Gárate. San Jurjo Badía 79, Vigo.

MATERIAIS: O alumnado deberá aportar botas, luvas e roupa de traballo.

HORAS TOTAIS DO CURSO: 60  horas

Para inscribirte só tes que cubrir o formulario que aparece na parte inferior e nos próximos días recibirás unha mensaxe de confirmación.

Esta actuación enmárcase dentro do Programa Operativo do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional FEDER ou FSE Galicia 2014-2020, no seu obxectivo 9 “Promover a inclusión social e loitar contra a pobreza e calquera forma de discriminación”

ANÍMATE A PARTICIPAR!!!

Aprenderás a crear e coidar unha horta seguindo só criterios ecolóxicos sen perxudicar ó medio ambiente e obendo alimentos máis ricos e saudables.

APÚNTATE!!!

 

Curso de Agricultura Ecolóxica
Estratexia de Inclusión Social de Galicia (2014-2020)

Operación cofinanciada pola Unión Europea
Programa Operativo FSE Galicia 2014-2020

Promover a igualdade, a saúde e a inclusión social

O FSE invirte no teu futuro

Resumo de indicadores de execución e resultado
As persoas participantes demostraron un aprendizaxe considerable na utilización de maquinaria agrícola. Por outra parte, tamén manifestan unha maior aprendizaxe no que respecta aos procesos da natureza e ás fases lunares, así como o traballo en equipo e a xestión de conflitos. Conseguiuse unha contratación grazas á formación deste curso.