Actualmente e como determina o estado de alarma, a situación prorrógase unhas semanas máis, ata o día 11 de abril.

Son momentos complicados nos que debemos ser responsables, ter paciencia e esperanza, compromiso de acatar as medidas necesarias pero, estamos seguras que entre todas e todos, poderemos conseguilo e combateremos esta guerra fronte ao COVID-19.

Temos que adaptarnos ao día a día nos fogares e levalo o mellor posible, intentando conservar as nosas rutinas coas que manter o corpo e a nosa mente activa e sana. Por iso, dende Xaruma, pretendemos continuar traballando en certos ámbitos aínda que sexa na distancia. Seguiremos enviando “teleactividades” diariamente pero tamén propoñemos unha nova quenda cun pequeno dossier con materiais para facer nestes días.

Como xa sabedes, de maneira puntual e baixo petición, poderemos intentar prestarvos servizo de acompañamento que serva de respiro familiar cumprindo coas directrices que marca a Consellería de Sanidade para este caso.

Recordade tamén que o teléfono de contacto segue á vosa disposición en horario de chamadas para calquera dúbida ou consulta que teñades:
Luns a venres: 10:00h – 14:00h / 16:00h – 17:30h
698 142 158

Descargar Dossier
Descargar Autoevaluación

Graciñas e desculpade as molestias.

De parte de todas, enviámosvos moita forza e agora, máis que nunca, quedemos na casa!