Convidámosvos a participar nun novo Campionato de Futbolín que andamos a organizar e que terá lugar as tardes dos venres 17, 24 31 de xaneiro de 17:30h a 19:00h no local da asociación (Rúa Sanjurjo Badía, nº 79). Aproveitaremos este espazo para pasar un ratiño distendido, desfrutar de boa compañía, repoñer forzas entre partida e partida cuns petiscos e amosar as nosas destrezas no futbolín.

Si estades interesadxs en participar podedes inscribirvos no correo infoxaruma@gmail.com ou no propio local de Xaruma antes do 15 de xaneiro, ben por parellas ou de xeito individual. Solicitaremos unha cota de inscrición de 3€ por parella/1,5€ individual (pago directo no local), que destinaremos aos gastos dos petiscos así coma aos dalgunha sorpresiña que outra.

😄 Non o dubides e apúntate! A xogaaaaaar! ⚽️🏃‍♀️🏃‍♂️