Punto Empregarte nace como un servizo de orientación ao emprego e á formación. Trátase dun espazo no que iniciar un proceso de acompañamento no desenvolvemento de competencias persoais, sociais e laborais daquelas persoas que o soliciten, coa intención de favorecer o seu acceso ao ámbito formativo e/ou laboral.

Para iso apostamos polo emprego dunha metodoloxía participativa e motivadora, que poña o foco nas fortalezas das persoas participantes e aposte polo autocoñecemento e  pola toma de decisións autónoma e consciente das mesmas dentro da súa vida.

Os obxectivos do servizo son:

  • Identificar demandas e necesidades individuais en relación ao acceso ao emprego
  • Deseñar itinerarios de inserción sociolaboral personalizados e elaborar un plan de traballo a seguir
  • Identificar, valorar e potenciar as competencias transversais (técnicas, sociais, laborais, persoais…) que posúen as participantes
  • Investigar e recopilar información arredor de oportunidades sociolaborais e formativas e recursos que favorezan a empregabilidade e respondan ás demandas das participantes

Esta imaxe ten o atributo alt baleiro; o seu nome de arquivo é punto-empregarte-1.png

O Punto Empregarte incluirá, entre outras accións:

-Atención individualizada: mediante entrevistas individuais a partir das cales se deseñarán itinerarios personalizados e plans de acción para cada participante.

-Accións formativas grupais: a través da impartición de talleres de habilidades sociais, autocoñecemento, resolución de conflitos, toma de decisións, busca activa de emprego, etc.

-Difusión de información:  habilitando un taboleiro informativo na asociación sobre recursos sociolaborais e publicando quincenalmente o Boletín de Emprego Xaruma de ofertas de emprego e de formación locais.

Para solicitar o servizo, simplemente enche o cadro final, e porémonos en contacto contigo para concertar unha cita.

    Agardamos a vosa participación!