Bo día estimados/as compañeiros/as,

Un ano máis poñémonos en contacto con  vos  para convocarvos o sábado 6 de abril 2019 xa que levaremos a cabo a Asemblea Xeral Extraordinaria en Xaruma, na que, como socio/a, formas parte. Lugar: Local social (centro Gárate, Sanjurjo Badía 79)


Este será a orde do día: 

1ª convocatoria: 18.30
2ª convocatoria: 19.00

  1. Café e visita aos  espazos da entidade.
  2. Presentación do equipo Xaruma. (19:00).
  3. Lectura e Aprobación da acta anterior.
  4. Exposición e aprobación dos balances e das contas anuais do exercizo 2018.
  5. Aprobación das cuotas ordinarias e socios/as.
  6. Análise 2018 en imaxes
  7. Aprobación do Plan Actuación 2019 e Memoria de Xestión correspondente.
  8. Autorización para a solicitude de subvencións e axudas das administracións públicas e privadas.
  9. Autorización solicitude tarxetas bancarias.
  10. Nomeamento da Xunta de Goberno.*
  11. Rogos e preguntas.
  12. Coloquio e pinchos.

Agradeceríamos confirmases a túa asistencia a través da páxina web: 
http://xaruma.org/contacta/

Artigo 23.-*Xaruma será xestionada e representada por unha Xunta de Goberno formada por un director/a, un secretario/a, un tesoureiro/a e un coordinador/a por cada un dos niveis educativos. Tódolos cargos que compoñen a Xunta de Goberno só poderán ser remunerados, previa aprobación desta circunstancia pola Asemblea Xeral ordinaria. Os cargos serán designados e revocados de xeito democrático pola Asemblea Xeral extraordinaria e o seu mandato terá unha duración dun ano, podendo ser obxecto de reelección de xeito indefinido.

Moitas grazas por facer este proxecto posible!
Apertas


 Director Xaruma

www.xaruma.org