Neste apartado da web, imos mostrarvos as diversas creacións e produtos que saen de Xaruma feitos con moito amor e ilusión.

Todas estas creacións están elaboradas a man e con materiais reciclados, xa que, un dos principios da nosa filosofía é a crenza na reutilización de elementos para darlle unha segunda vida. Por este motivo, ao estar feito de maneira artesanal, cada creación é única e ten parte da personalidade de cada artista.

Estas peciñas, xurdiron por medio da diversión e do entretemento dalgunhas tardes e mañás nas que a inspiración e as ganas de crear saíron a flote; día a día tratamos de innovar, de aprender algo novo ou practicar as destrezas que xa temos.

 

Se tes interese por algunha das creacións ou dos produtos, se queres botarlle un ollo á nosa pequena exposición, colaborar connosco ou aprender a facelas, non dubides en chamar ao 698 142 158 ou achegarte ata o noso local.