Gustaríache aprender da natureza? Queres descubrir o gran potencial de plantas que seguro que tes ao lado da casa? Prefires facer un consumo máis responsable potenciando o uso de substancias naturais?

Lanzamos unha formación na que aprenderás a elaborar aceites e ungüentos medicinais e coñecerás características especiais e curiosas das plantas máis comúns.

Lugar: vigo, barrio de Teis.

Data: 25 de maio, de 10 a 14h.

Aportación: 15€ socios/as, 18 € non socios/as.

Para inscribirte enche o formulario que atoparás a continuación e no prazo de 3 días laborais contestarémosche confirmando a praza.

    Animádevos a aumentar os vosos coñecementos sobre a natureza e as súas riquezas. Coñecer estes usos, reducirá notablemente o impacto ambiental.