Category

INICIO

Consulta aquí as últimas novidades que ofertamos dende a escola.

Excursión á Illa de Cortegada

Coincidindo co final do verán, faremos unha excursión para coñecer a máis descoñecida das illas do noso Parque Nacional, a Illa de Cortegada, situada no Concello de Vilagarcía, fronte a poboación de Carril. Nela faremos unha ruta guiada para coñecer… Continue Reading →

EN RUTA COA DEPO: SILLEDA

Apetécevos pasar un sábado diferente? Como cada ano, temos unha excursión que ofrecervos dentro do programa da Deputación “En ruta coa Depo”. Nesta excursión, do día 6 de octubre visitaremos: Castro de Toiriz: Xacemento castrexo da época de ferro (Século… Continue Reading →

Actividades integración 1ªquenda setembro 2018

Comezamos o mes de setembro retomando actividades como a de piscina! Anímate a participar!

Construamos. Comeza a montaxe do invernadoiro.

Grazas a todos e todas as que colaboráchedes económicamente para que un novo espazo ambiental poida ver a luz. Estamos moi contentas co apoio recibido e estamos xa desexando comezar a montar para preparar os alimentos para o inverno. Por… Continue Reading →

En ruta coa Depo. Arousa

Apetéceche pasar un día diferente? Como cada ano, temos unha excursión máis que ofrecerte dentro do programa da Deputación ” En ruta coa Depo”. Nesta excursión do 1 de setembro visitaremos: A Illa da Toxa Ría de Arousa (Paseo en… Continue Reading →

Búsqueda do Tesouro no Albergue de Mouriscade

Menudo fin de semana teremos! O 10 de xuño realizaremos actividades no Albergue de Mouriscade, en Lalín. Vén a pasar un domingo diferente! O domingo, entre as 10.30 e 13.30 realizaremos unha búsqueda do tesouro no entorno do Albergue Mouriscade…. Continue Reading →

Gincana e Cluedo en Lalín

Dentro da programación de actividades de tempo libre, invitámosvos a acompañarnos o 9 de xuño en Lalín, no Paseo de Pontiñas. Alí realizaremos unha gincana pola mañá, onde a través de diversas actividades coñeceremos aos nosos compañeiros/as e o entorno… Continue Reading →

Proxecto Naturalmente: Campaña Crowdfunding

O proxecto “Naturalmente” promove a integración e desenvolvemento de persoas con trastorno mental na sociedade aportando as habilidades necesarias para poder levar a cabo unha vida mais autónoma. Tamén se contempla a esfera medioambiental a través de actividades relacionadas co… Continue Reading →

Curso de Monitor/a de Actividades de Tempo Libre

Sábado, 17 de Marzo de 2018 Comezamos a primavera cunha das nosas formacións favoritas dentro da Educación Non Formal. Unha formación con ampla saída laboral para traballar con nenos/as, adolescentes, adultos, persoas maiores, colectivos en risco de exclusión, natureza… O… Continue Reading →

Obradoiro con botóns

Venres, 23 de Febreiro de 2018 Realizaremos unha manualidade onde os principais protagonistas serán os botóns tradicionais, que  despois poderán usar para decorar a casa. Para poder asistir a dito obradoiro é preciso inscribirse previamente, marcando o nome do neno… Continue Reading →

© 2018 — Powered by WordPress

Theme by Anders NorenUp ↑