Dentro da programación de actividades de tempo libre, invitámosvos a acompañarnos o 9 de xuño en Lalín, no Paseo de Pontiñas.

Alí realizaremos unha gincana pola mañá, onde a través de diversas actividades coñeceremos aos nosos compañeiros/as e o entorno no que estaremos.

Pola tarde, despois de xantar, comezaremos a actividade do Cluedo. Algo aconteceu en Lalín que temos que descubrir… Convertirémonos en detectives por unhas horas e, equipadxs co noso bloc de notas e un bolígrafo, iremos preguntándolle ás diferentes personaxes que nos atoparemos na procura da verdade definitiva.

Sen dúbida, pasaremos unha xornada divertida e amena!

É moi importante que, ao inscribirte, nos deixes un número de contacto, pois en caso de choiva torrencial, cambiaremos por un plan B tan divertido como o A.

Inscríbete en xarumaorg@gmail.com. Tamén podes isncribirte a través deste formulario:

Esperámoste!