Sábado, 17 de Marzo de 2018

Comezamos a primavera cunha das nosas formacións favoritas dentro da Educación Non Formal. Unha formación con ampla saída laboral para traballar con nenos/as, adolescentes, adultos, persoas maiores, colectivos en risco de exclusión, natureza…

O curso consta de 350 horas divididas en 200 teórico prácticas presenciais, e 150 de prácticas en institucións ou campamentos de verán. Ademais, este curso leva consigo o título de manipulador de alimentos, de 6 horas de duración (formación en liña).

Datas: 17 de marzo – 10 de xuño

Horario: sábados e domingos de 10 a 14 e de 16 a 20.30/21 segundo a fin de semana. Entregarase calendario co horario concreto de cada fin de semana. Non haberá sesións formativas nas fins de semana correspondentes ao 31 de marzo e 1 de abril e ao 19 e 20 de maio.

Lugar: Vigo (barrio de Teis)

Requisitos: maior de idade e con graduado escolar ou equivalente.

Contidos:

  1. Psicoloxía e Educación no Tempo Libre
  2. Animación
  3. Educación para a Saúde
  4. Educación Medioambiental
  5. Organización e Recursos

Aportación: 200 € socios/as e desempregados; 225 € tarifa ordinaria*

Posibilidade de pagos fraccionados (con desconto/ ordinario)

Reserva de praza, antes do 15 de marzo: 70/90

Segundo pago, antes do 15 de abril: 65/70

Terceiro pago, antes do 15 de maio: 65/65

Documentación a entregar: 

– Fotocopia do DNI

– Fotocopia título graduado escolar ou equivalente

– Foto de carné

– Resgardo bancario do pago da matrícula

– Tarxeta de desempregado (de ser o caso)

Toda esta documentación entregarase dixitalmente unha vez confirmada a praza a través de copia escaneada ou fotografía na que se poida ler todo o que o documento contén.

Para preinscribirte, simplemente enche o formulario final cos datos correctos, e no prazo máximo de 3 días laborables enviarémosche un correo confirmando a praza e indicando os pasos a seguir.

Título oficial homologado pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia.

* Non se devolverán os cartos salvo que o curso finalmente non se realice ou a praza sexa cuberta.

Esperámoste!