“A chuvia de febreiro fai o palleiro”

Máis e máis actividades! Merendas saudables, dinámicas teatrais, natureza, club de lectura, estimulación cognitiva, radio
Comentarvos que hai unha modificación con Costura e, nesta quenda, será o luns 17 e o mércores 26 de 16:00h a 17:00h.
O mércores 19 faremos unha visita guiada na exposición “A Cultura Africana” na Casa das palabras – Verbum.
Os venres 21 e 28 continuamos co campionato de Dardos dentro dos “Venres Abertos” , a partir das 17:30h.
O sábado 22 terá lugar a primeira Andaina Verde! A rutiña será Porriño – Redondela e en horario de 10:30h a 19:00h.

O martes 25 é festivo, é martes de Entroido! Se non tedes plan, unídevos e pasade unha bonita xornada. Primeiro, xunto á Comunidade de Montes de Teis, faremos unha reposición de frondosas. Despois voltaremos ao local de Xaruma e xantaremos no bosque disfrutando da contorna.

E por si vos parece pouco, lembrarvos que o sábado 29, teremos Xantar Xaruma e piscina pola tarde.

A QUE ESPERADES?