“Cando marzo abrilea, abril marcea

Dentro da iniciativa dos “Venres Abertos“, teremos este venres 6 na Cine Session, a proxección e posterior reflexión da película “TOC – TOC“.
Arrinca tamén neste mes o Campionato de Futbolín 3.0; os venres 13, 20 e 27 (inscricións no local de Xaruma ata o 11 de marzo e para maiores de idade).
sábado 7 continuamos coas Andainas Verdes!! Nesta 2ª ocasión desfrutaremos da contorna e da boa compañía no tramo Tui-Porriño non dubidedes en anotarvos na web.
Lembrade que seguimos con actividades veteranas coma natureza, estimulación cognitiva, radio, costura…

A que esperades?